ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/03/14

Caixón desastre

Comentario de David Varela Salgado


Caixón desastre
Suso de Toro
Xerais




Dado que se trata un libro de relatos, non podo dicir se o libro me gustou ou non, xa que ten relatos que si, e relatos que non. 
O que máis me gustou foi un relato moi curto, titulado "simio", o cal son apenas 3 liñas, pero que, a verdade, nun momento de baixón sacoume un sorriso.
Pola outra banda, algúns relatos, como pode ser "De como lle falou a Lebre" que, a pesar de lelo 1, 2 ou 3 veces, no acabo de entender.
É un libro que recomendaría para ler nos bocados libres, cando non tes nada que facer. Non vexo esta lectura como algo que debas ler todos os días.

Sen comentarios