ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/03/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Andrés Cangas Sánchez


Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
 
 
      Ben, comezo a falar deste libro dicindo que me gustou, aínda que a priori pesei que non me ía gustar, xa que os libros divididos en relatos non me gustan demasiado, pero este foi distinto. Tamén cabe dicir que quitando tres ou catro contos, o libro non me destacou demasiado, iso si, eses catro están moi ben escritos e son do mellorciño que lin. O relato que máis me gustou foi “A lingua das bolboretas” que trata dun neno chamado Moncho que ten medo de ir á escola porque a xente asustouno dicíndolle que o mestre lle ía pegar, pero Don Gregorio non era así. Utilizaba o método de observación para dar clase. Todo isto sucedía no contexto da guerra civil española, por iso me gustou tanto este conto, como o autor soubo mesturar todo iso e contextualizalo coa guerra. Polo demais, como xa dixen, os outros relatos gustáronme pero non os destacaría. Os que máis me gustaron foron, “Que me queres, amor” ; “A lingua das bolboretas” ; “Un saxo na néboa” e “ Carmiña”. Pola miña parte só destacaría estes catro relatos.  Tamén debo dicir que “ A lingua das bolboretas” foi adaptada á gran pantalla, e cando teña algo de tempo desexo vela, xa que o relato encantoume de verdade. 
Referido á estética do libro é moi sinxela, moi fácil de ler, aínda que tamén é doado perderse e non entender nada, recoñezo que me pasou nun par de relatos, porque cando rematas un xa comezas outro cunha temática totalmente diferente. En canto á linguaxe que utiliza o señor Rivas tamén é bastante doada e fácil de entender. Gustoume moito tamén a retranca do autor nalgúns relatos, que tamen teño que admitir que me fixeron moita graza. 
En canto á miña opinión persoal… poñeríalle un seis, xa que de dezaseis relatos só me gustaron de verdade catro… Iso si… Eses catro relatos, son do mellorciño que lin, polo tanto si que recomendaría este libro, pero só a aqueles que non lles importe ler relatos curtos, porque por exemplo a min, non me gustan nada os libros divididos e relatos, aínda que ás veces sexan máis fáciles de ler.

Sen comentarios