ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/03/14

Aire negro

Comentario de David Núñez Ouzande


Aire Negro
Agustín Fernández Paz
Xerais


Aire negro cóntanos a historia de Víctor Moldés, quen comeza a traballar nunha clínica psiquiátrica. Nela atópase cunha muller que leva alí tres meses, pero á que aínda non lle lograron descubrir o que lle pasaba. Ela chámase Laura, unha muller que tivo un accidente e quedou en shock. Laura o único que fai é escribir o seu nome en folios e tamén escribía relatos. Moldés interésase polo caso de Laura, de tal forma que ao pasar moito tempo con ela vaise gañando a súa confianza. Cando parece que Laura podería mellorar, aparece o tema da Gran Besta (o demo), isto provoca que o doutor Moldés comece a crer na maxia.
Ao final, na clínica sucede un apagón e Laura consegue escapar con axuda de alguén de fóra.
Este libro gustoume moito, poderíase dicir que un dos que máis, agrádame ese punto de misterio, de querer decatarte do que pasa… Finalmente, este libro enganchoume. Recoméndolle este libro a todas as persoas ás que lles gusten os libros de misterio, ademais de que é un libro moi sinxelo e moi entretido.

Sen comentarios