ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/03/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Sonia Framiñán


Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia
 


  A verdade é que deste libro non sei moi ben que dicir, gustoume, gustáronme cada unha das historias por separado, pero non cheguei a comprender demasiado ben algunhas delas. Hai algo no libro que me desconcerta bastante e fai que non o entenda demasiado ben.
  Cando comecei a ler o libro, a primeira historia, a da primeira cereixa do verán, pensei que me ía gustar, pero desconcertoume un pouco e decidín seguir lendo para ver o que ía saír de aí.. Na segunda historia xa fun comprendendo máis e xa vin a relación dunhas historias coas outras, así pasei á terceira e así ata acabar, pero, como xa dixen antes, nunca cheguei a comprendelo demasiado ben.
  Aínda así eu recomendo este libro, e aínda que á primeira non se entenda, todo é cuestión de ler unha e outra vez, ó final resultan ser uns relatos fermosísimos.

Sen comentarios