Comentario de Carlos Mato
Polaroid
Suso de Toro
Xerais
Polaroid é un libro que me encantou, as súas historias a pesares de ser
diferentes, parecían estar relacionadas de maneira profunda, o de que houbese
varios narradores tamén me chamou moito a atención, non é algo que estea
acostumado a ver, moitos saltos espaciais e temporais, que xunto que con outras
cousas teñas que estar moi atento ao fio narrativo se non queres perderte, o libro
en conxunto é como se fose un labirinto, cheo de xiros e acontecementos que non
esperas, este libro lino despois de Círculo e pensei que ía ser parecido
e na miña opinión non tiña nada que ver, de feito este encantoume dende o
primeiro relato, quixera destacar un relato moi curto, concretamente de 5 ou 6
liñas que era un diálogo entre dúas persoas pero que non acabei de comprender
de todo.
Gustaríame que lerades este libro é moi recomendable.
Sen comentarios
Publicar un comentario