ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/03/14

Dos arquivos do trasno

Comentario de David Ouzande Núñez


Dos arquivos do trasno
Rafael Dieste
Galaxia




Este libro gustoume moito aínda que a primeira vista os libros que están divididos en relatos non me gustan, este chamoume a atención porque me gustou a súa imaxe principal e porque me pareceu un libro diferente. Cando comecei a lelo, a primeira historia xa ma sabía porque a lera noutro libro, era Sobre da morte de Bieito, iso axudoume bastante a comezar porque esa historia tamén me gustara. A medida que fun lendo íame gustando máis e parecíanme moi entretidos cada un dos relatos.
O que máis me gustou é que ao principio non entendera moi ben O do neno suicida. Ese relato gustoume moito, o que máis, a escena lévase a cabo nunha taberna na que un home, o vagamundo, contaba unha historia que trataba dun home que en vez de nacer do ventre da súa nai nace da terra e vai de vello a novo. Este traballa moito de vello para poder vivir ben de novo, e entre os 50 e os 15 anos dedícase ás mozas e a pasalo ben. A partir de aí pensa como será o seu futuro, crendo que podería pasar a súa lactancia no seo dunha muller rica e nese momento o vagabundo érguese e di: “Explícome, si, explícome que se chimpase un tiro na sen o pobre rapaz”.
Recomendo este libro porque é un bo libro, sinxelo e as historias son moi interesantes.

Sen comentarios