ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/03/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Uxía Mosquera Castro 
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais


Esta novela encantoume, sen dúbida O Corazón de Xúpiter foi o mellor libro que lin por agora neste curso. Ten unha linguaxe sinxela, compréndese facilmente. Foi moi intrigante ler este libro, xamais me imaxinei que ía acabar con semellante traxedia, dende o principio ata o remate estiven enganchada a el. Trátanse cousas que están hoxe en día nas nosas vidas, como o acoso escolar, o amor pola internet, o trastorno que sofren algúns adolescentes ó  ter que mudarse, as drogas, e moitas cousas máis. 
Por último recoméndollo a todos os adolescentes porque creo que se van sentir identificados con algunhas das cousas que ocorren, e tamén as persoas maiores para que comprendan que nós tamén sufrimos.
 

Sen comentarios