ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/03/14

O lapis do carpinteiro



Comentario de Cristina Cabaleiro


O lapis do carpinteiro 
Manuel Rivas
Xerais

O lapis do carpinteiro narra unha fermosa historia de amor entre Marisa Mallo, unha fermosa moza, e o doutor Daniel da Barca, médico republicano, en tempos de guerra e posguerra.
Debido a súa ideoloxía política, o doutor da Barca é castigado moi duramente polo réxime, sendo encarcerado en San Simón e asasinado. Outro personaxe importante que destaca na obra é Herbal, que sofre unha profunda transformación como persoa e ser humano ao longo do libro.
O libro gustoume moito, tanto pola forma de relatar esa historia de amor imposible entre dúas persoas que se querían tanto, como pola trama da historia. Na miña opinión, os temas que trata a obra: o amor, a morte, a guerra,… enlázanse entre si creando unha magnífica novela de amor, melancolía e liberdade.
Recoméndolle este libro a todos os namorados das historias de amor, pois nesta obra encontraranse cunha bela historia, que non poderán de deixar de ler ata o seu final.

Sen comentarios