ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/03/14

O lapis do carpinteiro

Comentario de Cristina Cabaleiro


O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas
Xerais

“O lapis do carpinteiro” é unha novela de Manuel Rivas situado na época da guerra civil. O relato cóntanos a historia do doutor Daniel Da Barca, un preso político que se opón ao réxime franquista, desde o punto de vista do garda Herbal.

Podo dicir que esta historia gustoume moito, dos libros que levo lido este ano é o que máis me gustou con diferenza. Resultoume especialmente destacable a profundidade coa que están caracterizados os personaxes, sobretodo, o garda e o propio doutor Da Barca, cos seus defectos e virtudes.

Sen comentarios