ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/03/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Francisco Miguel Casas Pico
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
 



A lectura deste libro pódese dicir que foi satisfactoria. Paréceme un gran libro polos temas que trata como  a internet e os seus perigos xa que son temas que están moi presentes en rapaces e rapazas da nosa idade. Tamén podo dicir que me sentín identificado coa protagonista porque os cambios de vila e instituto non son doados. Outra cousa que me pareceu moi correcta no libro foi que a autora utilizase un tema científico como é a astronomía para enlazar a relación entre os dous persoaxes principais. A trama é  moi boa, desas que te enganchan cada vez máis e as cales queres seguir lendo. O final é un pouco estraño xa que o normal sería un final feliz entre Isla e Xúpiter pero neste caso atopámonos cun desenlace moi tráxico. Pero na miña opinión o final  non estivo mal senón todo o contrario, a min particularmente este final que se afasta do normal gustoume.

Sen comentarios