O club da calceta
María Reimóndez
Xerais
As historias destas seis mulleres (sete contando á tía Davinia) son tan
diferentes e á vez tan parecidas que me parece asombroso como todas elas se
puideron recoller nun só relato.
Entre as historias que máis me gustaron foron a de Luz e a de Fernanda. Luz pareceume unha persoa moi intelixente (a pesares de ser case analfabeta) xa que a propia vida lle ensinou todo o que sabe, posiblemente da peor maneira que llo podía ensinar. "Claro que a ti ninguén te obriga a ser esto, a ti puxéronche un día un papel diante que poñía: elixa o seu traballo: médica, enxeñeira nuclear e puta. E elixiches puta, que era o máis bonito". A historia de Fernanda tamén me gustou. Ela, non ten un home na súa vida que a maltrata, senón un que coida dela como merece e a anima a facer todo o que queira. Gustoume moito a súa maneira de conquistala, poñéndose no seu lugar durante unha semana, malia que ela era pouco perceptiva a que alguén a quixera (cousa que aprendera por ela soa despois de malas experiencias). Foi el quen a animou a poñer saias a pesares do seu defecto físico, quen a animou a que sacara o carné de autobús e cumprira o seu soño, quen a axudou en todo momento... El, as fillas de ambos e a súa propia vontade foron esenciais para que Fernanda tivese unha vida feliz.
As historias de Matilde, Anxos, Rebeca e Elvira tamén me gustaron moito, así como a da tía Davinia que, dende o máis alá as inspirou a todas a facérense felices.
Estes relatos deixáronme claro a desigualdade que existe na sociedade e tamén que hai que saber actuar fronte a esta desigualdade. Queda gardada na miña memoria unha das dedicatorias coas que a autora comeza o libro "A todas as mulleres que, ante tanta violencia, non reaccionan con violencia".

Sen comentarios
Publicar un comentario