ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/03/14

Erros e Tánatos



Comentario de Andrés Salgueiro Troitiño


Erros e Tánatos
Gonzalo Navaza
Xerais


Este libro gustoume moito polo feito de que me entreteu e me enganchou. Os aspectos que máis me gustaron do libro foron, por exemplo, a ironía que moitas veces utiliza Gonzalo Navaza, e tamén me gustou porque o libro está cheo dun gran sentido do humor. O que me enganchou foron as historias que me foron entretendo e provocando unhas ganas de acabar o relato no que estaba para poder empezar a ler o seguinte.
O que me pareceu raro foi a disposición de dividilo en 10 relatos, aínda que me dei de conta o lelo de que é unha boa maneira de enganchar o lector á lectura.

Sen comentarios