ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

24/03/14

A man dos paíños

Comentario de Denise Varela


A man dos paíños
Manuel Rivas
Xerais





A man dos paíños , de Manuel Rivas, é o conxunto dun relato, “A man dos paíños”, que é o que lle dá nome ó libro en conxunto , o álbum furtivo, que son un conxunto de fotos realizadas polo mesmo autor e outro relato máis curto chamado "Os náufragos", que fala dos mariñeiros.  O libro xira arredor dos temas de emigración o naufraxio e a morriña.
O primeiro relato, que é o que lle dá nome o libro, trata de Castro. Castro é un galego emigrante que traballa nun hospital como celador xunto con outro galego que tamén emigrara, e todos os días visita Old Crow, para reunirse cos seus amigos e xogar ós dardos. A tatuaxe dos tres paíños que ten Castro na man dálle moita importancia ó relato, xa que esconde a perda e o amor da súa irmá.  Este relato é ficción xa que vemos unha situación algo curiosa cando os protagonistas van a visitar Galicia, teñen un accidente  e Castro ve o mundo de outra perspectiva, como se deixase de estar no seu corpo.
A min este relato digamos que non me gustou moito. Tardei algo en lelo, porque me parecía que non era moi sinxelo e moitas veces parecía que se lle daba a volta ó texto, polo que comprender moitas cousas resultoume moi difícil. Moitas veces atopeime moi perdida no relato. Aínda que  penso que a súa temática está moi ben, e esa relación e significado que supón a tatuaxe pareceume realmente curiosa.
A min a segunda parte do libro, chamoume moito a atención. Non hai nada de texto, o autor móstranos diversas fotografías de diferentes lugares. Pareceume unha maneira moi curiosa e diferente de mostrar o mundo. E por último o autor acaba o libro cunha reportaxe sobre a vida dos mariñeiros.
A pesar de que a miña opinión non fose a mellor, penso que o libro é moi curioso e animo a todos a lelo.
 

Sen comentarios