Comentario de Marta Campelo
A expedición dos libros
Vicente Muñoz Puelles
Oxford
Este libro pareceume entretido e moi fácil de ler. O escritor usa o recurso
da personificación, porque os libros dunha biblioteca son os personaxes da
historia.
Impresionoume que os libros quéixanse
de que ninguén os le. Probablemente iso tamén pasa moi a miúdo nos nosos días.
Tamén fai pensar en que cada libro ten a personalidade das historias que
narran e un detalle moi bonito é cómo o Manual de Restauración coa axuda da
Enciclopedia do Bricolaxe reparan algúns libros.
Sen comentarios
Publicar un comentario