ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/03/14

O heroe



Comentario de Cristina Cabaleiro


O heroe   
Manuel Rivas
Xerais

O heroe é a primeira peza teatral de Manuel Rivas. Está situada entre o franquismo e a actualidade, e nela fálase dun heroe defensor do pobo.
Este non é outro que Arturo Piñeiro, alias Caronte, un boxeador retirado dos combates, que traballa nun bar portuario, xunto coa súa muller Lucía. Nese local coñece a Lanzarote, o loitador clandestino vendedor de máquinas de escribir. O protagonista xunto con Lanzarote son iconas de resistencia fronte ao réxime da ditadura.
Trátase dun libro bastante complexo, pese a súa brevidade, e que precisa dun pouco de madurez literaria para poder entendelo. Debido a isto, quizais non comprendín moi ben a trama da historia, o que fixo que non me gustara todo o que ao mellor me gustaría se o entendese ben. A pesar de todo, quero destacar o personaxe de Caronte, que ía sacrificarse para poder salvar a un pobo sometido, e a frase de Lanzarote a Arturo  “O teu lume será unha labarada para as conciencias. Serás un mártir, Caronte. Ese lume non se apagará endexamais.”; unha frase de alento a un verdadeiro heroe.
Recoméndolle este libro a todo aquel que queira introducirse no mundo dos valorosos heroes da guerra, que con valentía loitaron para defender a ideoloxía na que crían.

Sen comentarios