ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/03/14

Círculo

Comentario de Carlos Mato


Círculo 
Suso de Toro
Xerais




Círculo foi un libro que lin porque a portada e o nome mo suxeriron, é dicir, entroume polos ollos pero sería porque non o entendín completamente ou porque son un inculto literario non me gustou o libro, algúns relatos estaban xeniais, de feito o que máis me gustou foi "Ca yo no soy como ellos" : gustoume a crítica á hipocresía desa nai que quere que os seus fillos falen castelán, e ela non fala nin galego nin castelán correctamente. Pero o que foi o libro en conxunto non me gustou, era un monóogo tras outro e non había unha historia de fondo como a min me gusta para seguir e saber que pasa ao final. 
En definitiva, se a algueén lle gustan os relatos, e é capaz de apreciar mellor este libro. recoméndollo.

Sen comentarios