ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/12/13

Usha

Comentario de Rosalía Rodríguez García


Usha
María Reimóndez
Xerais




“O meu nome é Uxía.
My name is Ushia.
Nam heser Ushiya.
Meera naam Ushiya hai.
Para completar as pesentacións, nada mellor que dar o nome. O meu nome paréceme moi bonito e non é porque sexa meu. Ademais, resúltame moi útil. Adáptaseme ben en todas partes...”
Así se presenta a protagonista que escribe un relato. Ela é unha rapaza galega, que comeza a escribir un relato da súa estancia en Devastana ,na India. Esta rapaza volve a recordar a súa vida alí, onde aprende a falar canarés, fai amizades novas (Deepak e Lakshmi), coñeceu outras formas de vivir, outros costumes, novas lendas e por suposto tamén tivo algunha que outra dificultade. Usha a parte de todo iso, aprendeu tamén que “o seu nome significa a primeira luz do amencer”.
Agora vou dar a miña opinión, xa que anteriormente non contei todo con detalle. Para iso teredes que ler o libro xa que relata moi ben a vida “noutros mundos” por así dicilo; gustome moito xa que trata de viaxes e a min ese ámbito gústame bastante. Os seus capítulos son curtos e polo tanto non hai que lelo coa preocupación de deixalo acabado para outro momento.

Sen comentarios