ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/12/13

Poetízate

Comentario de Alberto Fariña



Poetízate
Fran Alonso
Xerais



Non son amigo das antoloxías, non me gustan os libros con moitos poemas ou relatos de moitos escritores, eu son máis dun só autor, pero sempre hai a excepción que confirma a regra, e esa excepción é Poetízate, unha antoloxía que me gustou, algo moi raro sabendo que é unha antoloxía.
Con este libro Fran Alonso introdúceme na poesía galega, xa que me enganchou a algúns autores que me fixo coñecer no libro, autores non moi coñecidos como Rosalía Fernández Rial e o seu poema “Tócome”, ou Antía Otero e o seu poema “Ollando ao mar”, poetas que agora me encantan e dos que xa estou lendo libros. Encántame a mestura que existe neste libro, poetas como Rosalía mesturados con poetas modernos que apenas teñen trinta anos. Outra cousa que me gustaría resaltar do libro é a orixinal visita guiada que non fai Fran Alonso nas páxinas.
Pois iso, que Poetízate conseguiu poetizarme.

Sen comentarios