Comentario de Zaira Eiriz Pérez
Xograres dun tempo novo
Pepe Carballude
Everest
Xograres dun tempo novo
Pepe Carballude
Everest
Este libro é fermoso, gústame como a señora da terceira idade protagonista
do conto, Francisca, intenta recordar fazañas da guerra civil observando o
cadro de Agusín Llaneza.
Hai varias frases ao principio do conto que me chamaron
moito a atención, unha trata sobre a amizade e di así:'' O Agustín dicía que a
amizade nace da propia natureza das persoas, como unha necesidade máis, igual
que comer ou beber. Unha vez lin nun libro que, despois da liberdade, non hai
nada máis importante cós amigos''. Esa frase fixome reflexionar sobre a
importancia de ter un amigo sempre contigo, e a outra frase di así: '' Para os
que perdemos todo os recordos son a mellor medicina para seguir a viaxe ''.
Esta frase é moi bonita, eu penso que grazas ós recordos podemos meternos
na nosa mente e poder vivir os momentos que non podemos volver recuperar e
por iso creo que ten razón cando di que sen recordos non podemos vivir.
O título non chama moito a atención pero como din non xulgues
a un libro pola súa portada, porque este libro deixoume abraiada.
Recoméndollo a todos os lectores de todas as idades.
Sen comentarios
Publicar un comentario