ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/12/13

Todos somos

Comentario de Noelia Soto



Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais

É un libro que convida á reflexión de como poden algúns medios de comunicación aproveitarse dun caso dunha desaparición mentres que as persoas afectadas sofren por non saber onde está a súa filla. Reflicte tamén o medo que se provoca nos demais pais dese mesmo lugar que tentan protexer aos seus fillos e fillas ao máximo.
Recomendaría este libro a outros lectores para que se decaten de que ante unha noticia tráxica, que esperta moita curiosidade, algúns medios de comunicación tratan só de gañar audiencia, e os fagan reflexionar como este libro fixo comigo.

Sen comentarios