ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/12/13

Poetízate

Comentario de Rocío Fernández



Poetízate
Fran Alonso
Xerais



Si que foi un libro que me gustou. Teño que recoñecer que non son moito de ler este tipo de libros, de feito creo que é o primeiro e gustoume. Gustoume non o libro en xeral, senón o feito de ir léndoo e descubrir nalgún poema que hai máis persoas que pensan coma min e escriben o que sinto logrando que me sinta identificada cos poemas e mesmo axudando, moitas veces, a ver as cousas doutra maneira.
Non me gustaron nin todos os poemas nin todos os autores, pero si os poemas de Olga Novo, Raúl Gómez, Ana Romaní, Lupe Gómez, David Rodríguez e Eva Veiga. Versos que me fixeron pensar e plantexarme cousas que precisaba facer pero que non fora quen de facer por min mesma. Noutras ocasións simplemente gústame o poema en si, aínda que non o sentise. Tamén cómpre que queden marcados os poemas de "Domingo 18" de Kiko Neves, "O exército do bosque" de Manuel Rivas, "Ti dis: Galicia é ben pequena" de Manuel Forcadela, "Amor" de Dores Tembrás e de Daniel Salgado os poemas "Sempre se agarda o verán" e "Fire a coitelada".
É un libro que recomendo a calquera porque non é preciso que lle encante a poesía nin tan sequera ser un bo lector xa que é un libro moi fácil de ler e aseguro que consegue que a poesía, cando menos, empece a agradar.

Sen comentarios