
Antes de decir nada
sobre o libro, teño que destacar os ideais que me transmitiu, esa idea de que
non es quen che mandan, senón quen queres ser, ninguén te obriga a nada, para
min, o mellor do libro aínda que a historia non acabou por engancharme. Detalles
como o de que a súa nai non lle deixe facer nada que non sexa aprender a coser
ou cociñar son os que demostran o machismo nesa época, e que non só está
inculcado nos homes, senón que as mulleres tamén o apoiaban.
Tamén me gustou o
feito de que o avó, a pesar de que nun principio eran case coma descoñecidos,
lle regalara o caderno para que apuntase.
Do libro en si
pouco teño que dicir, simplemente o dito ao principio, o sentimento que
transmite de romper os estereotipos é o que máis destaco.
Sen comentarios
Publicar un comentario