Comentario de Carla Filloy
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
Este
libro reflicte a situación dunha cidade na que todo cambia a causa da
desaparición dunha rapaza de 12 anos chamada Natalia, así como as dúas caras da
traxedia: os corpos de seguridade e os cruentos periodistas aos que só lles
interesa gañar audiencia. Cada un destes bandos está protagonizado por
cadansúas protagonistas. Representando aos axentes policiais Lina Souto,
residente da capital que tivo que volver a súa antiga cidade para participar na
pescuda. Ten unha gran afinidade con Antón, xa que se parece moito a un alumno
seu que foi asasinado durante unha excursión escolar.
Polo outro bando Belén Soliño, unha coñecida presentadora dun programa vesperino case sen share, capaz de facer calquera cousa por gañar espectadores, dende dar discursos sobre o caso aparentemente doída ata malmeter coa policía causando así unha gran pelexa na praza da Bichoca.
O libro gustoume bastante, pero polo miña parte gustaríame que houbese un pouco máis de acción, que atopasen máis pistas e que por fin achasen o paradoiro da rapaza.

Sen comentarios
Publicar un comentario