ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Alba Iglesisas López




A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 
 
 
Este libro conta a historia de Calpurnia, una nena de once anos  á que lle gustaba moito a natureza pero a súa nai quería que aprendera a coser, cociñar… como calquera rapaza daquela época. Era a única muller de entre sete irmáns. Cando descobre que Charles  Darwin ten un libro sobre ao que a ela lle interesa vai á biblioteca da súa vila para conseguilo pero non llo dan. Entón o seu avó, un home misterioso co que case nunca falaba, vai axudarlle a  investigar sobre o exemplar de Darwin que ten el na casa.   
Na miña opinión é un libro extenso e curioso porque ela quere saber de todas as cousas que a rodean pero que ao resto das mozas da súa idade ensinábanlle as costumes de toda a vida, pero está ben e recoméndollo a xente á que lle guste ler.

Sen comentarios