Comentario de Uxía Mosquera Castro
A evolución de Calpurnia pareceume un libro precioso. Conta unha entrañable
historia centrada no amor pola natureza, a curiosidade e a desigualdade de
xénero. A protagonista de 11 anos tiña 7 irmáns e vivía en Texas. Malia que a
súa nai quería que aprendera a tocar o piano, coser e cociñar, ela estaba
interesada polo que pasaba detrás da porta da biblioteca ou no laboratorio do
seu avó, persoa coa que tiña un vínculo moi estreito xa que este era o
único que a apoiaba nas súas ideas. A ela gustaballe moito a natureza, quería
saber quen era Darwin, que eran as especies…. nesa época non era frecuente que
unha muller tivese estes gustos aínda que a ela pouco lle importaba o que a
xente dixera.
O libro é doado de ler debido a que conta cunha prosa bastante
sinxela e enganchadora, por iso llelo recomendo a todas aquelas persoas que gosten de ler un pouco no seu tempo libre.
Sen comentarios
Publicar un comentario