ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/12/13

Poetízate



Comentario de Cristina Cabaleiro



Poetízate
Fran Alonso
Xerais



A poesía non é un xénero que á maioría das persoas adoiten ler a miúdo. Eu, persoalmente, inclúome dentro deste grupo. Pero a diferenza entre este libro e os demais é que se achega máis ao público adolescente, que non ten o costume de adentrarse neste xénero.
Poetízate percorre toda a poesía galega dende Rosalía de Castro ata a actualidade, e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de entre 80 autoras e autores, grazas á enorme compilación de Fran Alonso. Ademais, non hai ningún verso igual ca o anterior, pois os temas de cada un deles son moi variados. Hai poemas de amor, críticas, ensinanza, xogos literarios… Todos me gustaron moito, pero algúns deles máis que outros.
Recoméndolle o libro a calquera persoa, pois como dixen anteriormente é un libro que está pensado para a xente que non acostuma a ler poesía, pero sobre todo ao público adolescente, xa que contén poemas moi próximos a estes lectores.

Sen comentarios