ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Diego Pérez

A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 
 
O libro trata sobre unha rapaza chamada Calpurnia, que ten once anos e vive nunha casa en Texas con seis irmáns, tres máis grandes e tres máis pequenos. Aínda que súa nai quere que Calpurnia sexa de maior unha muller educada e refinada, a Calpurnia gústalle a natureza e xunto co seu avó aprende cousas do seu arredor que vai apuntando no caderno, á vez que está atenta das aventuras amorosas de seus irmáns. O libro gustoume porque gústame a natureza e no libro explícache a natureza e cousas que a simple vista non son perceptibles. Recoméndoo se che gusta a natureza e os animais.

Sen comentarios