Comentario de Rubén Lanzó Estévez
Fantasmas de luz
Agustín Fernández Paz
Xerais
Fantasmas de luz
Agustín Fernández Paz
Xerais
É un libro
moi, pero que moi bo; sinceramente encantoume.
Trata de
como Damian e Marga fanse invisibles despois de perder os seus traballos, mais
eu creo que realmente non eran invisibles, só que ao perder o traballo déronse
conta de que deixaran pasar moitísimas oportunidades e os soños da súa vida,
por iso deixaron de verse. O de que a outra xente non os vise ten máis que ver
con que como eles non se lucían, por así dicilo, o resto das persoas os
trataban como marxinados sen importancia. Por iso cando se xuntou toda
esa xente, ao ser iguais, víanse. Por iso para min a sentenza
da historia é que esta é unha sociedade discriminatoria para a xente que ten
menos recursos e que para poder integrarse hai que intentar ser
perfectos, cousa que é verdade, pero que a min non me fai moita graza.
Sen comentarios
Publicar un comentario