ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/12/13

Os escaravellos voan á tardiña

Comentario de Helena Pereiras Villamayor


Os escaravellos voan á tardiña
María Gripe
SM




Os escaravellos voan á tardiña é un título moi axeitado ao libro, xa que os escaravellos están presentes en moitos momentos desta historia e axúndanlles aos tres rapaces a resolver os misterios que se presentan nela.
Gustoume moito o libro e enganchoume, porque ten moita intriga e tamén misterio. O que máis me chamou a atención foi a forma de pensar que ten Annika, de buscarlle unha explicación a todo, xa que non é moi común en rapazas da súa idade. Outra cousa a destacar é a relación que ten David coa planta Selandria, que só se deixaba coidar por el.
Na miña opinión, o libro está ben en xeral, aínda que quizais lle quitaría algunhas conversacións que hai polo medio que fan que resulte algo pesado. Polo demais, recoméndollo a toda esa xente que lle gusten os libros de misterio.
 

Sen comentarios