A filla do ladrón de bicicletas
Teresa González Costa
Xerais
Hai tempo que non leo un conto que me gustase
tanto. Este libro escollino polos seus debuxos xa que me chamaron moito a atención.
Trátase do libro A filla do ladrón de
bicicicletas. Este libro fala de Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive
coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila
mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera,
a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus
esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades
que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.
Este libro recoméndollo a toda a xente que
lle gusten os circos ou a lectura, xa que trata de varios asuntos: as
aventuras, os circos e por susposto tamén
llo recomendo á xente que lle gusten as viaxes.
Sen comentarios
Publicar un comentario