Comentario de Denise Varela
Mexillóns para cear
Birgit Vanderbeke
Rinoceronte
Mexillóns para cear é o monólogo
dunha rapaza alemá adolescente. A rapaza vai contando as curiosidades e a
forma de ser da súa familia, e sobre todo como estaba sometida baixo o mandato
do seu pai. O relato sitúase un día pola tarde cando andaban a preparar
mexillóns para cear, e agardan ó seu pai, que estaba nunha reunión de negocios moi
importante. As horas pasan e non chega, polo que a rapaza envólvese nun monólogo,
falando sobre as tradicións da súa familia, como o pai lles prohibía
relacionarse con xente que non estivese a altura da “súa clase social”, a
maneira na que o seu pai se avergoña da xente que non é coma el, e o que máis
lle importaba era a popularidade nos negocios e ser e estar máis arriba que os
outros.
Nada máis recibir este libro puiden observar que se
trataba dun monólogo dunha rapaza. A primeira impresión que me deu foi
desconcertante, e pensei que un monólogo enteiro resultaríame bastante
aburrido e singular, xa que non conseguía arrancar coas primeiras páxinas e
resultábanme algo difíciles de comprender. Ademais o titulo non me chamaba nada
a atención, nin supoñería de que se trataba. Pero, efectivamente,
estaba equivocada. O libro resultoume bastante entretido, a medida que ía
chegando ao final o libro enganchábame máis. Ó primeiro, resultoume raro
entender o final. Pensaba que o relato continuaba e non acababa de súpeto,
quizais porque non esperaba un final así, senón un accidente ou algo polo
estilo, pero creo que non puido acabar de mellor maneira.
É a primeira vez que leo un monólogo tan longo coma
este, pero a verdade é que me gustou moito. Este relato é unha
semellanza a moitas situacións de familias que viven unha posición de mandato
na casa, e recomendo este libro moito. É moi interesante a súa temática.
Sen comentarios
Publicar un comentario