Comentario de Juan Ares Pérez
O achado do castro
Manuel Núñez Singala
Sotelo Blanco
Este libro recolle unha pequena obra teatral cargada de humor, intentando provocar
a risa en todo momento. E conségueo, sen dúbida ningunha.
Desenvólvese na Antiga
Roma, co Emperador Xulio César gobernando. Ao Emperador non lle parece ben que
a súa querida filla Carmiñae estea saíndo co fillo da comerciante máis rica de
toda Roma, Manolitus, e iso basicamente é o principal tema da historia, pero
con moitos sucesos ligados a el. Por outra banda están os ladróns Catulo e
Caleno, que intentan en todo momento roubar o medallón do Emperador, de xeito
que Caleno permanece disfrazado do sabio do Emperador en todo momento,
intentando non ser descuberto. A historia remata con plans de voda de dúas
parellas, con soldados ascendidos a xenerais, con ladróns perdoados e cun
escravo libre; un final surrealista e un tanto inesperado.
Este libro recoméndollo
a todo o mundo, xa que é un libro moi entretido e moi fácil de ler.
Sen comentarios
Publicar un comentario