ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/12/13

Trampa de luz


Comentario de Juan Ares Pérez


Trampa de luz        
Agustín Agra
Xerais




Facendo unha trampa de luz é como consegue a protagonista deste relato observar as avelaíñas que se achegan ao prato con agua azucrada. Irene e o seu pai son uns afeccionados aá natureza e pasan o tempo pescudando pola fraga especies animais e vexetais, para logo sacarlle fotografías e identificalos axudándose dos libros que o pai posúe nun estudo cheo deles. Na vila na que viven están a acontecer sucesos estraños: a aparición dun rapaz cunha colección incríble de campás que reproducen sons irreais, o descubrimento da protagonista dun libro do seu pai que por algún motivo non quere que vexa... Pero, o que máis se destaca da trama desta historia é a desaparición de animais de forma incrédula: como as dúas galiñas do profesor de música ou os gatos Nocilla e Plastina.
A este libro non lle falta nada, é un libro máxico e un dos que máis me gustou, pola forma de escribir do autor e pola orixinalidade do texto. Recoméndoo moito, porque quero que outras persoas disfruten léndoo tanto como o fixen eu.
 

Sen comentarios