ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Isidro Gil Pallares


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 

“Nunca xulgues un libro pola súa portada”. E se é para ben? Por que non? Total se non che gusta é pouco máis o “chasco” que te vas a levar. E no caso de que che gustase? Pois pasarache coma a min: encantaríache o dobre!
Cando chegou meu irmán co libro, logo de mercalo, quedei abraiado coa súa portada e o bonita que era, certamente nunca vira un libro coa portada tan fermosa. O que foi unha motivación extra, para comezar a deixar que Calpurnia, seu avó e compañía, me absorbesen nas súas entretidas historias. 
Este libro verdadeiramente me gustou e como dixen anteriormente, o xulgalo positivamente xa pola portada foi motivo para que o que me gustou se dobrase por dous. 
Desenvólvese nun ámbito científico e sinxelo, cun argumento totalmente distinto aos que estou habituado a ler, e contén esa “chispilla”, que lle dá a critica que leva  implícita nas súas paxinas sobre a sociedade machista daqueles tempos,.
Recoméndoo, sobre todo a aquelas persoas que tiren pola rama científica coma min. Xa que é un libro dos que con certeza relerei mais adiante, e estou seguro de que de novo me encantará.

Sen comentarios