ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/12/13

Todos somos

Comentario de David Cabaleiro


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais






Todos somos conta a historia de como afecta a repentina desaparición de Natalia, unha adolescente popular e fermosa, ás persoas do seu entorno.
Quen máis sofre coa súa ausencia é o mellor amigo da rapaza, Antón. Os seus pais e os demais veciños da praza da Bichoca tamén senten como o seu mundo se derruba, polo que cooperan e traballan máis unidos ca nunca para atopala.
Ademais uns, como a policía Lina Souto, intentan atopar o rastro esvaecido das súas pisadas; pero outros, como a ambiciosa e insensible reporteira Belén Soliño, unicamente utilizan este feito para volver a ser o centro de atención dos focos.

A maneira tan empática de describir os sentimentos e recordos dos personaxes, o incesante drama (quizais demasiado e un pouco repetitivo), a forma contar tanto en tan poucos segundos… Son os mellores trazos do relato, que se mesturan e forman unha sopa de letras engaiolante e sombría. Ademais, percíbese claramente o seu realismo, pois reflexa mellor ca un espello a inxustiza do mundo actual: asasinatos, raptos, maltrato…
Pero non todo o libro é entretemento e acción, senón que tamén ten unha función de ensinanza, que sempre se precisa.

Recomendaríalle o libro a calquera persoa, pois como dixen antes, reflicte a vida mesma. Pero non llo aconsello á xente sensible que espere un final feliz, pois non sempre é posible.

Sen comentarios