Este é un libro que me gustou moito
porque a protagonista é unha nena que vive nunha época en un lugar onde as
tradicións son moi conservadoras, o que fai que os seus país a traten coma unha
ama de casa, e a pesar diso, ela segue a intentar cumprir os seus soños de
aprender, investigar,etc.
O que ela quere
facer non o dá conseguido sen o apoio do seu avó, que nunca dubidou dela, e a
pesar de non ter o apoio cen por cen do seu irmán maior sempre a axudaba e dáballe
consellos, por iso me parece unha persoa que aínda que non sexa moi maior, é
moi forte porque non lle fai caso as críticas.
Vaime gustando
máis de cara ó final aínda que o principio non me aburriu como me soen aburrir
outros polo que o aconsello a ler, ademais que é fácil de comprender.
Sen comentarios
Publicar un comentario