ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/11/13

Todos somos

Comentario de Marta Rivas Gestal


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais



A miña opinión sobre este libro é que o seu autor intentaba facernos comprender a través da lectura deste libro que hai dous tipos de persoas: as que o único que lles importa é o seu benestar (Belén Soliño) e outra xente que se preocupaba polos demais (Lina Souto), que aínda que tendo os seus propios problemas, intentaba axudar aos demais, na mellor maneira posible.
Este é un libro que eu recomendo, porque gústanme as novelas policíacas; esta, en concreto, deixa un final un pouco á deriva, sen que Natalia apareza, que é algo que ninguén se imaxina cando comeza a ler.
Chamoume a atención que Lina Souto fórase despedir de Antón con tanta tristeza, e tamén que ela lle regalara a súa carpeta, chea de papeis entre os que se atopaban o recorte do rapaz do que Lina non parou de pensar nel en toda a obra.

A

Sen comentarios