ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/11/13

Poetízate

Comentario de Carmen Villanueva Ansedes



Poetízate
Fran Alonso
Xerais





Para empezar, este libro sorprendeume demasiado, xa que, nunca me parara a ler ningún libro de poesía, pero despois de lelo enteiro e repetir varias veces os poemas que máis me chamaron a atención podo dicir que o libro Poetízate encantoume.

Sorprendinme moito do que se pode chegar a expresar nun libro con tan poucas palabras. Foron moitos os poemas que me chamaron a atención, e sobre todo, os de Celso Emilio Ferreiro, xa que cando cheguei ao final do libro e revisei os poemas apuntados, que foran os que máis me gustaran, a gran maioría era del.

Pero como teño que escoller un poema dun autor ou autora que siga vivo, e aínda que o xogo de palabras dos poemas de Gonzalo Navaza deixoume totalmente descolocada , en difinitiva quédome con este poema da escritora galega Ana María Fernández; Envellecer.

Este poema, chegoume a poñer a pel de galiña. E cando cheguei á última estrofa, e a rematei de ler, antes de terminar o libro, sabía que por moitas voltas que lle dera ese ía ser o poema que elexira. E supoño que Ana María era o que quería chegar a transmitir cando escribiu este poema, e a min en particular transmitiumo, e creo que por esa razón é o poema que máis me chamou a atención de todo o libro de poemas.

Sen comentarios