ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/11/13

Ámote Leo A.

Comentario de Rocío Fernández Cuíña

 
 
Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
 


Ámote Leo A, verdadeiramente, foi un dos mellores libros que podía ler arestora, cheo de frases que me fixeron pensar e cambiar a miña forma de ver a situación nun momento no que considero que o precisaba. O libro fixome sentir identificada en certos parágrafos, que non foron poucos, e iso sempre é de agradecer xa que tanto consegue intruducirte máis no personaxe e este procura mergullarte  na lectura e que pasasen as horas sen apenas darte conta como darche consellos indirectamente ou indicarche o que pode ser unha opción a ter en conta, unha boa opción.
   O certo é que xa me sorprendeu dende o comezo, cando vin que Leo era certamente unha rapaza e non un rapaz como me imaxinei ó ver o título, e no momento en que lin que súa nai lle falaba con certo... non sei, dun modo co que só quería conseguir facela sentir culpable por querer irse e darlle dalgún xeito pena cando probablemente ela o que quería era despexar a súa mente  e gozar da viaxe que tanto tempo levaba planeando, e a pesar de que tamén os seus amigos incumprisen a promesa e a deixasen soa, pero que aínda así ela foise convencida a non recuar e disposta a pasalo ben. Aí, xusto aí tiven claro que o libro e o tempo que lle adicase ían valer moito a pena e que case era seguro xa que me gustaría, e así foi: gustoume. Gustoume moito.
    Sorprendeume tamén dende o punto de que sempre dende un principio me levou a contraria, cando eu pensaba “e agora este vaille dicir que blablaba” acontecía algo co que non contaba e era como que me descolocaba sen perder o fío da narración. Xa empezando no momento da mensaxe na que Martiño lle mentiu e ocultándolle que realmente estaba no aereoporto, que por certo foi un dos personaxes que a pesar das relativamente escasas aparicións, para min, máis esencia ten no libro. Outra cousa que podería comentar foi que en calquera momento eu esperaba unha aparición, máis ben desexábaa, valíame de calquera, de Martiño, de Andrés ou incluso de Rubén, algo que lle dese á escena o toque que abrandase á que parecía por momentos a frialdade de Leo.
 E... ben, do final, que dicir, eu esixo un final! Non vexo o momento de confirmar se as miñas sospeitas da persoa que apareceu son as acertadas, se continúa a historia de “amor” ou do que fose que descubreu durante a súa viaxe con Ruth e cía ou se comeza a historia que dunha forma ou doutra sempre existiu, que sempre a mantiveron intacta, apartada, pero sempre aí. 
Dar as grazas tanto a profesora pola escolla como a escritora por tan xenial libro, sei que me faltan cousas por dicir, pero non vou extenderme máis, agardo o segundo libro e tamén que sexa dentro do posible, axiña.

Sen comentarios