Comentario de
María Eugenia Gil
Pallares
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
"Todos
con Natalia", un título que o di todo, é á vez non di nada. O estraño suceso da
desaparición de Natalia deixa conmocionado ao seu barrio, e a min. Antón, un
veciño seu co que fixera amizade, vive máis ca ninguén como o seu mundo se
derruba diante dos seus ollos sen poder facer nada para impedilo. E todo
comezara cando Natalia desaparecera, sen deixar rastro e nin sequera a policía
Lina Souto dá con ela. Outros, como a reporteira Belén Soliño, aproveitan a
ocasión para poder volver a ser o centro de atención. Pero ao final, non todas
as historias rematan ben, e esta é unha delas. Non se volve saber nada máis
sobre Natalia. Outro caso que queda aberto.
Este
libro gustoume, tanto a trama, como a maneira de contala. Fai que queiras
saber o que acaba pero enrédate para que a curiosidade aumente. Fai que o medo
de que che poida pasar a ti xurda capítulo a capítulo. Sen dúbida é un libro
que recomendo.
Sen comentarios
Publicar un comentario