Comentario de Sonia
Troitiño Loureiro
Poetízate
Fran Alonso
Xerais
Poetízate foi un libro que me resultou do máis interesante. Non acostumo ler
libros de poemas, de feito é o primeiro que leo, pero si é certo que me encanta
a poesía porque con ela pódeste sentir identificado, pode cambiar o teu punto de
vista sobre certas cousas ou mesmo o teu estado de ánimo e sobre todo
polo simple feito de que é capaz de dicir moito con tan só unhas poucas
palabras. Ademais, o libro contaba con poemas de moitos poetas distintos e
moitos deles resultáronme realmente orixinais.
Sen dúbida, os meus poemas
preferidos foron os de Lupe Gómez, nos que destaco "O amor",
Quérote" e "Ninguén". Paréceme máxico o poder que ten para
empregar situacións do máis común e dicir cousas tan fermosas.
A pesar disto, o
meu poema favorito foi "Liquidación" de Lino Braxe , onde se refire
ao amor dunha maneira un tanto especial:
Que terrible resulta mercar a felicidade
nas rebaixas do noso corazón.
Agora que o negocio vai á deriva
amarte e desexarte é unha dor necesaria.
Resultoume un libro moi fácil de ler e moi entretido tanto pola súa
variedade coma polo contido de cada un dos poemas. Algúns deles resultáronme un tanto
estraños pero iso en ocasións facía que fosen máis interesantes. Recomendo este
libro a todos aqueles que lles guste ler poesía e lles guste a orixinalidade.
Sen comentarios
Publicar un comentario