ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/11/13

Eu, pel

Comentario de Issiris Katherine Ramírez Medina

Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais


É un libro marabilloso, encantoume porque hai temas onde enfoca que para a sociedade é máis importante a beleza do exterior,o físico, có que somos como persoas, os nosos sentimentos, as nosas virtudes... Non podemos xulgar a unha persoa sen coñecela. No libro demóstrase que si o facemos.
O que máis me gustou foi cando Niki tivo o valor de fugarse da residencia e correr pola súa liberdade, aínda que non fose libre. Gustoume o amor entre dous adolescentes que non poden estar xuntos: é unha historia de amor moi linda.
Dos personaxes do libro o que máis me chamou a atención foi o Innominable, e o maltrato que sofre por parte de seus pais.

Sen comentarios