Comentario de Sonia Framiñán
Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais
Este libro, sinceramente, non
me gustou demasiado. Ao principio xa non me agradaba e pasei varios días lendo
unhas poucas páxinas sen avanzar, xa que non me centraba na historia. Logo, coa
aparición de Niki, xa me empezou a interesar máis, pero aínda así non conseguiu
"engancharme".
Non cheguei a comprender ben o libro, nin o seu
principio nin, menos aínda, o seu fin. Polo cal toda a opinión que podo dar del
é que me pareceu un tanto raro e que non me resultou interesante.
Quero aclarar que si percibín algo así como unha
ensinanza, pero non a sabería describir moi ben.
Sen comentarios
Publicar un comentario