ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/11/13

Bágoa de Lúa

Comentario de Carla Filloy


Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia  
 
 
 
Pódese dicir, pola miña parte, que o libro tivo éxito, non son unha gran fanática dos libros fantásticos, pero este gustoume, e moito. Hei de confesar que ao principio non me atraía de todo xa que a cantidade de nomes propios estraños e enrevesados que aparecían ao comezo da historia facíanme volver atrás e incluso construír un mapa na miña mente para comezar a entender ben o relato. Isto viuse aumentado ao descubrir que a cada certo número de capítulos as historias cambiaban, aparentemente sen ter nada en común.
Xa lida a metada do libro foi cando me empezou a apaixoar de verdade. Todo comezaba a cobrar sentido e os diferentes relatos a entrelazarse cada vez compartindo máis cousas.
Chegado o final, con mágoa por non poder continuar, acordeime  de que este libro formaba parte dunha triloxía, a que me encantaría rematar de ler e saber por fin o que ocorre co poder de Landereina e sobre todo, coa Bágoa de Lúa.

Sen comentarios