Comentario de Andrés Cangas Sánchez
Eu, pel
Teresa González Costa
Xerais
Para
empezar, este libro persoalmente gustoume, xa que ten un ambiente misterioso,
comeza nun Castelo cunha ambientación tenebrosa. Iso si, antes de lelo tiña
unha idea totalmente contraria á temática real do mesmo. Aínda que un pouco
difícil de ler, algunhas pasaxes tiven que lelas de novo dúas ou tres veces
para decatarme do que dicía e poder seguir ben a historia. Gustoume a
imaxinación que tivo a autora para inventarse unha historia tan intricada e con
tantos xiros, a verdade é que iso xa merece ser recoñecido. A verdade é que
pareceume un pouco raro, pero ao mesmo tempo interesante, xa que en ningún
momento te esperabas o que ía pasar e por iso me gustou bastante. Tamén me
decatei dunha lixeira intención de crítica social por parte da autora ao
principio da obra. Cando o neno nace cunha deficiencia dérmica por culpa da
nai, que durante a xestación inxeriu unhas pílulas que lle propinaban beleza e
fermosura, pero á súa vez danaban o feto. Logo de nacer o rapaz, todos lle
tiñan medo e lle escapaban. Isto creo que é pura crítica a que só se lle da
importancia á aparencia a pesar das consecuencias.
En resumo, gustoume bastante
o libro a pesar da súa rara historia e recoméndollo ler a aquel que lle gusta o
misterio, aínda que repito, é moi difícil de ler.
Sen comentarios
Publicar un comentario