ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/11/13

Bágoa de Lúa

Comentario de Minerva Malho González




Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia  

É un libro de fantasía, de intriga, no que suceden acontecementos estraños e máxicos. A novela cóntanos a historia dunha rapaza chamada Berenguela, que vívia en Gabaia. É unha rapaza con moita seguridade e valentía. Ten unha forza envexable, acepta a realidade tal como é. Dun día para outro coñece que a muller que cría que era súa nai, non o é, e aínda por riba, morre. Logo tamén sabe que é filla dos reis e que é unha princesa.

Nesta novela reflíctese a valentía e o cariño dunha rapaza pola súa familia adoptiva.

É un libro de fantasía, non é o meu tipo de libro pero gustoume e recomendo lelo. O que máis me gustou é a fouteza da rapaza e a unión da familia para conseguir un obxectivo. O que menos me gustou foi o final porque quéimanlle a casa a Cátaba, a traizón de Maeriss e porque non se sabe o que pasa co cristal nin con Berenguela.

Sen comentarios