ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/11/13

Ámote Leo A.

Comentario de Diego Pérez Rodríguez

Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais

A min o libro gustoume a pesar de que ao principio lino de mala gana porque pensei que ía ser un libro de amoríos e non un de aventuras. A historia é algo estraña porque Leo quería ir cos seus amigos pero despois abandónana e ela soa ao principio vese coma nun mundo moi grande, pero a medida que vai indo dun sitio a outro vaise facendo como máis independiente e tomando decisións por ela mesma, sen se deixar influír por outra xente, coma por exemplo pola súa nai, quen lle dixera "nada de Oriente Próximo" e aínda así foi ata alá. 
A historia pareceume un pouco difícil polos cambios que fai ao principio, máis que ao final do libro, sobre o seu pasado e as cousas que lle foran pasando. O momento que máis me gustou foi cando ela e Andrés entran "en contacto" e os seus pensamentos nel cando ve as pintadas alá onde vaia. 
A miña cidade favorita das que saen no libro é Barcelona, porque é o momento no que ela coñece a panda de Ruth e cia e é cando Leo parece estar máis feliz e alegre, tamén é onde, segundo a miña opinión, o libro pasa máis tempo. Gústame a maneira na que mentres está facendo calquera outra cousa ou está falando con alguén describe a esa persoa no medio da conversa, como fai con Cayetana en Marrakech ou como describe os sitios nos seus chíos no Twitter. 
Espero poder ler os outros dous libros da triloxía se teño oportunidade e espero que sexan iguais que o primeiro, ensinándoche os lugares para que ti sintas coma se estiveras de lado de Leo véndoo todo.

Sen comentarios