Comentario de
Nicolás Rivera Mallo
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
Este libro trata a desaparición dunha nena chamada Natalia,
que vai supor un cambio radical na vida de toda a xente cercana.
PERSONAXES:
·
Natalia:
Rapaza desaparecida.
·
Antón:
Amigo de Natalia, moi afectado polo sucedido.
·
Lina
Souto: Policía que leva e investiga o caso.
·
Belen
Soliño: Periodista sen escrúpulos que presenta un programa de televisión.
·
Pais
de Antón: Preocupados pola seguridade do
seu fillo.
·
Hérnandez
y Fernández: Policías que investigan o sucedido.
RESUMO:
Dende a desaparición de Natalia a vida dos demais non é a mesma. A de Antón e a dos rapaces
da vila, porque xa non lles
deixan saír á noitiña. A de Lina Souto, moi implicada no caso, que consegue asumir que non pode salvar a todos os
nenos. Belén Soliño era unha periodista
preocupada unicamente polos índices de audiencia sen ter en conta os sentimentos
das persoas implicadas, que perdeu o seu programa por non ser capaz de respetar
aos demais. Os pais de Antón representan a todos os pais ca súa inmensa
preocupación, discusións sobre a forma
de afrontar o sucedido…
OPINION PERSOAL:
A historia
atrapoume dende o primeiro momento. Gustoume o tema que trata, a
desaparición, a investigación e as consecuencias desta. Os distintos puntos
de vista danlle un enfoque que me sorprendeu
e fíxome reflexionar.
Sen comentarios
Publicar un comentario