Ámote Leo A.
Rosa Aneiros
Xerais
Dende o meu punto
de vista, o libro Ámote Leo A.
resulta moi entretido, pero custoume “engancharme” a el, xa que o comezo era
difícil de entender. A medida que ía
pasando as páxinas foi conseguindo atraparme.
O que máis me gustou e logrou manter o meu interese foron os lugares
tan diferentes que Leo ía visitando. A visita a Granada foi a que máis me
impactou. Nese lugar, coa compañía dun grupo moi entretido e xeneroso chamado
Ruth e cia ó que se unira en Barcelona, ocorreu de todo. Dende berros e
discusións, que nalgún momento me facían sentir enfadado durante a
lectura, ata o amor que xurdiu entre Leo
e Andrés. A súa separación e despedida fixome sentir pena.
Houbo un lugar
que non me gustou. Os días que Leo pasou en Lisboa foron tristes e moi
desorientados, e nesa parte o libro pareceume máis monótono e aburrido.
Nembargantes, o resto dos lugares que
visitou eran moi entretidos e sempre ocorría algo que me facía tremer, coma as
revoltas no Cairo, Libia, etc… E outros
momentos da súa viaxe fixéronme cavilar e atrapábanme máis no libro,
como as mensaxes que poñían “ Ámote Leo A.” que ía atopando en todos os lugares
que visitaba. Pero ao final do libro leveime unha gran decepción ao non saber
quen as escribía, e tamén quen foi a
persoa que atopou Leo na porta da súa casa.
En definitiva o libro gustoume xa que me fixo
sentir diferentes sensacións de medo, tristeza, enfado, etc… E me deixou con
ganas de ler os seguintes libros da triloxía para resolver algunhas dúbidas coas
que me quedei ao final.
Sen comentarios
Publicar un comentario