Comentario de Rosalía Rodríguez García
Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais
Este
libro cheo de misterio e ao mesmo tempo aventura gustoume
moito ,porque trata de persoas que se axudan conxuntamente para poder
encontrar con ou sen vida a Natalia, unha rapaza de 12 anos que vivía
cos seus pais na praza da Bichoca.
Na investigación atópase Lina
Souto, unha gran detective. Para informar sobre todos os feitos desta
triste desaparición está Belén Soliño, que case chegando ao final
do libro entrevista ao pai da famosa Natalia. Finalmente, Natalia non
é atopada.
Recomendo
este libro porque o tema das desaparicións paréceme un tema moi
actual e ó mesmo tempo preocupante. Aínda que, por outra banda,
toca temas de sentimentos enfrontados, emocións e preocupacións;
todo en conxunto fai que o libro sexa unha aventura emocionante e
misteriosa.
Sen comentarios
Publicar un comentario